Youtubeiras+ chega á oitava edición en 2024 e queremos reivindicar o orgullo de ir contracorrente e vivir en galego, amais da fachenda que sentimos ao atopar o idioma presente en todos os ámbitos e en todas as redes sociais, non só en YouTube, senón tamén en TikTok. Tamén presumirmos da comunidade diversa e en expansión cuxa creación compartimos e da que formamos parte.
Convócanse de novo os Premios Youtubeiras+ cunha contía de 7500 euros repartidos entre sete categorías.
Youtubeiras+ é unha iniciativa de dinamización lingüística organizada polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Ferrol, Moaña, Narón, Oleiros, Pontevedra, Santiago de Compostela, Rois e Teo, a Deputación da Coruña e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.
#premiosyoutubeiras2024 #youtubeiras #youtubeengalego #fachendaaocadrado