En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Unha persoa perde a vida tras saírse da vía co seu coche en Sarria

[foto]https://www.xornaldelugo.com/contenido/uploads/2024/05/112-Galicia.jpg[/foto]

O sinistro produciuse de madrugada na LU-546 e o outro ocupante do vehículo foi atendido polos servizos sanitarios


Unha persoa perdeu a vida esta madrugada nun accidente de tráfico rexistrado no termo municipal de Sarria. O vehículo no que viaxaba saíuse da vía á altura do quilómetro 19 da estrada LU-546.


O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro arredor das 3.30 horas, despois de recibir a chamada dun alertador. Segundo explicou, no coche viaxaban dúas persoas: unha delas conseguira saír polos seus propios medios, mentres que a outra permanecía no interior inconsciente.


A central de emerxencias mobilizou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Sarria e a Garda Civil de Tráfico.


Unha vez no lugar, os bombeiros empregaron material de excarceración para liberar a persoa atrapada. Porén, os equipos de emerxencias só puideron confirmar o seu falecemento.


O outro ocupante do vehículo foi atendido polo persoal sanitario desprazado ata a zona.


La entrada Unha persoa perde a vida tras saírse da vía co seu coche en Sarria aparece primero en Xornal de Lugo.