O persoal de Zara no centro comercial As Cancelas, en Santiago de Compostela, concentrouse ás portas da tenda para denunciar o recorte dos seus dereitos laborais, nunha mobilización que se suma ás protestas iniciadas durante o 50 aniversario da marca. A convocatoria, apoiada pola CIG, coincide cun momento clave para Inditex e evidencia o malestar crecente entre as empregadas do grupo na provincia da Coruña.