Durante tres días desenvolveranse distintas actividades de dina,mización, como catas e degustacións; a proxección do documental Taboada, de Ribeira a Ribeira; unha ruta cultural que fusiona arte e viño; ou un encontro de mulleres profesionais do sector.
Tamén se realizará a queima dunha facha organizada pola asociación As Fachas de Castelo e haberá varios concertos, entre eles os dos grupos Mediarea ou Andhrea and The Black Cats.
Raizames ofrece propostas para os amantes do viño e para as profesionais do sector, como espazo de encontro con outras compañeiras e compañeiros: adegueiras, viticultores, enólogas, sumilleres, gastrónomas e hostaleiros.
“Para quen elixa os encontros de ti a ti, as historias narradas en primeira persoa, os territorios explicados polas persoas que os habitan e os proxectos presentados polas almas que lle deron forma”, explican desta a organización.
Programa
Venres, 23 de maio
- 18.30h. Apertura e inauguración do III Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra, RaizameS.
- 19.00h. Descoberta de instalación fotográfica Retrátate (Praza de Riazón)
- 20.00h. Proxección documental “Taboada de ribeira a ribeira” de David Pinancho (Auditorio da Casa Cuartel)
- 21.00h. Cata guiada (Casa da Cultura)
Sábado, 24 de maio
- 10.00h a 13.00h. Roteiro “Canta arte se agocha nunha cunca de viño”. Percorrido cultural do viño, con intervencións artísticas sorpresa e cata guiada. (Saída e regreso á Praza de Riazón en autobús, previa inscrición)
- 12.00h a 16.00h. Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón). Degustación dunha coidada selección de viños da Ribeira Sacra, contados por voces expertas.
- 14.00h. Concerto Mediarea (Praza de Riazón)
- 17.00h. Encontro “O viño, con nome de muller” (Praza de Riazón). Participan: Xulia Bande, viticultora e adegueira; Cristina Mantilla, enóloga; Andrea Obenza, viticultora e adegueira; Mariña Fernández, sumiller; Rocío Cadahía, xornalista. Cata guiada, con nome de muller.
- 18.30h. Espazo infantil e familiar, “A viticultura a través dos sentidos” (Praza de Riazón)
- De 19.00h a 23.00h. Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón). Degustación dunha coidada selección de viños da Ribeira Sacra, contados por voces expertas.
- 21.30h. Concerto, Andhrea and The Black Cats (Praza de Riazón)
- 23.00h. Queima dunha facha (Praza de Riazón). Asociación As Fachas de Castelo
Domingo, 25 de maio
- 11.00h. Encontro espazo adegas “O viño, embaixador do territorio” (Pazo de Bembibre). Participan: Primitivo Lareu, Adega Sabatelius; Gema Campos, Adega Alouviño; Roberto Flammini, Adega Alma das Donas; Ana Belén López, Consello Regulador Ribeira Sacra; Rebeca Vázquez, Fundación Belarmino Fernández
- De 12.00h a 16.00h. Espazo Atmósfera Viño (Praza de Riazón). Degustación dunha coidada selección de viños da Ribeira Sacra, contados por voces expertas.
- 14.00h. Concerto, O Coro da Rá (Praza de Riazón)
- 15.30h. Brinde de feche do Encontro (Praza de Riazón)
Interviron no acto de presentación, Miguel Pavón, Presidente de ACIMTA; Roi Rigueira, Alcalde do Condello de Taboada; Manuel Diéguez, Concelleiro de Cultura do Concello de Taboada, e Noa López, protudota do Encontro. Participaron tamén os directores territoriais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Javier Vázquez Nodal, e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Manuel Antonio Fernández, que destacaron a colaboración do Goberno galego dende que se puxo en marcha a iniciativa. A colaboración provincial estivo respalda por María pilar Carcía Porto, Deputada de Promoción do Territorio e Turismo da Deputación de Lugo e Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación de Lugo.

O artigo Taboada enxalza a cultura do viño do 23 ao 24 de maio nunha nova edición de Raizames publicouse primeiro en Xornal de Lemos.