Abríalle a Asociación de Medios en Galego o pasado mes de febreiro ás portas da música galega contemporánea á Sala INN. Música galega que volverá o vindeiro martes 12 de novembro invadir a sala herculina no marco de SOMVALENCIA unha uniciativa, que naceu entre axentes do sector musical e adoptou pola industria, que propón recadar fondos que se destinarán integramente as persoas afectadas por DANA a través da Fundación Horta Sud.
O concerto da Coruña, o único en Galicia, terá lugar o martes día 12 a partir a partir das 19:00 horas no Inn Club; e as entradas (18 €) xa están á venda en DICE.
O concerto solidario está protagonizado por bandas como Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, mariagrep, Mondra, Ortiga, Sabela, Os Rapants e Triángulo de Amor Bizarro.
O artigo SOMVALENCIA, chega á Sala Inn o festival solidario de música galega publicouse primeiro en Xornal da Coruña - Noticias da Coruña e área Metropolitana.