Sara Pino (Vilagarcía de Arousa, O Salnés, 1978), técnica de normalización lingüística na Universidade da Coruña, é a nova coordinadora dos Premios Youtubeiras+, que este ano, na súa oitava edición, abren a participación ás persoas creadoras de contidos en galego tamén na rede social TikTok.