Un ano despois do incendio forestal que arrasou 35.000 hectáreas en Valdeorras, a veciñanza de San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, regresou simbolicamente ao lugar onde foi evacuada durante a vaga de lumes para denunciar que a recuperación prometida pola Administración segue sen chegar. Rodeada de entullos e con "problemas de habitabilidade", a localidade reivindica que "o pobo existe" e reclama o cumprimento dos compromisos asumidos tras a catástrofe.