En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Ryanair di adeus ás tarxetas de embarque en papel: só permite voar con formato dixital

Ryanair, a principal aeroliña de baixo custo en Europa, dá un novo paso cara á transformación dixital: desde onte, só acepta tarxetas de embarque dixitais, xeradas a través da súa aplicación myRyanair. Isto significa que xa non será posíbel imprimir nin presentar a tarxeta en papel no momento do embarque, como se podía seguir facendo até o de agora. A medida tiña previsto implantarse xa a comezos de mes, o pasado 3 de novembro, pero a compañía decidiu adiala uns días para garantir unha transición máis fluída tras o período vacacional. Porén, desde onte, as usuarias da compañía deberán realizar


O artigo Ryanair di adeus ás tarxetas de embarque en papel: só permite voar con formato dixital publicouse primeiro en Mallando no Android.