Falar de Dieta Atlántica é moito máis que falar de alimentación saudable. É falar dunha cultura, duns hábitos, dun estilo de vida que acabou facendo de Galicia un dos lugares do mundo cunha poboación máis lonxeva. Para coñecer as súas ventaxes, para coñecer como comendo o noso e combinándoo cunha certa actividade física imos vivir máis e mellor, o xornalista Luís Pardo conversa coa profesora, pediatra e vicepresidenta da Fundación Dieta Atlántica, Rosaura Leis Trabazo.
Ela é o protagonista desta conversa sobre ‘Dieta Atlántica. Tradicional, Saudable e Sostible’, producida e realizada por Nós Televisión, baixo o encargo e o financiamento da Fundación Dieta Atlántica e o Proxecto New Heart Fondo Rexional – Feder a través do Programa Interreg VI-A-España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, gravada no Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia.
O artigo Rosaura Leis, pediatra: “Ou cambiamos o estilo de vida ou os nenos de agora vivirán menos que os avós” publicouse primeiro en Nós Televisión.
