Como acto principal da celebración, a escritora Pura Tejelo presentou e asinou o libro “Vestidos de Organdí“ da editorial Belagua, e ilustrado por Mon Lendoiro. Pura Tejelo, con raíces na Ribeira (Quiroga) e visitante permanente da bisbarra, ten publicadas varias obras como A elegancia do século (2017), As Horas de Hanna (2019), Novembro (2021) e Vestidos de organdí (2024). Leva escribindo, sobre todo poesía, desde a década de 1980.
En 2014 gañou o segundo premio do II Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María coa obra Éramos deuses entre a herba seca de agosto. En 2016 gañou o Premio de poesía Johán Carballeira co poemario A elegancia do século. Tamén publicou nas revistas Dorna e Festa da Palabra Silenciada. En 2021 o Patronato da Cultura Galega de Montevideo dedicoulle o Día da Poesía Galega na súa 29ª edición.
Estivo acompañada polo profesor, compositor, lutier e cantautor quirogués, Manuel R. Crespo, afincado en Vigo e fillo de Xoan Rolo, figura destacada na cultura da bisbarra na segunda metade do século pasado. Crespo interpreta composicións propias que pretenden entusiasmar aos máis novo no gusto pola música e pola nosa lingua, e tamén pon música á obra de autores como Manuel María ou Ernesto Guerra da Cal. Durante o acto en San Clodio,
A xornada rematou coa música tradicional, grazas a colaboración da Deputación de Lugo a través do programa TRADIGALU 2025, co grupo de música tradicional Érbedo de Sober, que clausurou o acto coa interpretación do Himno de Galicia, que logo percorreu as rúas de San Clodio, xa entre lusco e fusco.

Letras Galegas 2025 / Concello de Ribas de Sil
O artigo Ribas de Sil no Días das Letras 2025 publicouse primeiro en Xornal de Lemos.