En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Pistacatro gaña o Premio Nacional de Circo 2025

"Polo seu destacado labor na creación e difusión de propostas circenses dunha enorme presenza escénica, rigor e carisma, con importantes fitos en 2024, como a xira de Drop, unha montaxe sorprendente cunha linguaxe propia, e a consolidación do seu espectáculo Orquestra de malabares, no que fusionan a música e o circo, un traballo de gran formato co que lograron unha ampla proxección nacional e internacional”. Así vén de xustificar o xurado do Premio Nacional de Circo 2025 a concesión deste galardón á compañía galega Pistacatro.