En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Pablo Sanmamed mantén o diálogo entre jazz e música medieval con 'A Estrela Mostrada'

O compositor, contrabaixista, director musical e produtor Pablo Sanmamed está a presentar A Estrela Mostrada, un novo proxecto editado por aCentral Folque en formato vinilo co que afonda no seu diálogo entre a música antiga e o jazz contemporáneo, como xa fixera en traballos previos como Ben Vennas Maio (ACentral Folque, 2021). Inspirado nas cantigas da lírica galego-portuguesa e noutras tradicións medievais, Sanmamed propón unha obra de sonoridades actuais e profundamente emocionais, onde o pasado resoa como materia viva no presente.