A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, anunciou que o Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) admitiu a trámite o recurso contencioso-administrativo presentado polo BNG, para acceder aos "acordos secretos" asinados entre a Xunta e Altri. En particular, ao memorando de entendemento rubricada en outubro de 2021 entre a empresa e a actualmente disolta Sociedade Impulsa.