Foi relator dun ditame que ordenaba a concesionaria do hospital Álvaro Cunqueiro a pagar o IBI, petición que fixo cando lideraba En Marea. A Xunta defendeu o maxistrado ao entender que o suposto "vicio de parcialidade" non se daba porque "a sentenza é correcta en dereito canto ao fondo".
