Os populares votan en conta da proposta de Fernando de Abel Vilela como adxunto á Valedora do Pobo, rompendo así o tradicional acordo polo que o principal partido da oposición pode escoller un candidato para este posto. Paula Prado cualifica o profesor de Dereito como "activista" e Olalla Rodil responde que "O PP non veta un candidato do BNG, veta o pluralismo da sociedade galega porque non a toleran"
