En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

O Pazo da Cultura acolle a exposición colectiva dos traballos fin de grao en Belas Artes 2022

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle desde este xoves e ata finais de setembro a exposición colectiva "Do final e do comezo" que reúne os traballos fin de grado en Belas Artes 2022.



A mostra está organizada polo Concello de Pontevedra e a Facultade de Belas Artes, e está comisariada por Basilisa Fiestras coa coordinación técnica e deseño gráfico de Vaciocero Servicios culturales.



"Do final e do comezo", é o resultado dun longo proceso de investigación e creación, xermolado e construído na Facultade de Belas Artes de Pontevedra. 



Unha exposición que ten como obxectivo plasmar o escenario artístico do alumnado, a partir dunha selección dos proxectos realizados para esta etapa, que poñen fin a catro anos intensos de traballo, e que dá comezo a novos camiños. 



A mostra aproxima ao visitante ás cuestións abordadas polo alumnado, nas que son unha constante: a memoria individual e colectiva, o paso do tempo, a identidade, a paisaxe intervida, o azar, o cotiá, a representación, etc. Recorrendo a múltiples e diversos medios como a escultura, a cerámica, o vídeo, a pintura, a fotografía, a performance ou a instalación.



Como novidade, este ano a mostra conta con dúas pezas cedidas pola Facultade de Belas Artes da artista e docente Berta Cáccamo.



No Pazo da Cultura poderanse ver os traballos dos artistas: Ailén Anahí Alcoba Represas, Abraham Alonso Méndez, Raquel Álvarez Méndez, Alba Caballero Pérez, Uxía Fernández Outeiral, Carla Gasparrini, Xoel Gómez López, Uxía González Fernández, Sandra Gutiérrez Aldao/ Rubén Mascato Mirazo, Blanca Orro Toral, Lucía Perdiz Dávila, Iris Rodríguez Justo, Carmen Suárez Marcos, Anxo Valdés Estévez, Andrea Vázquez Bravo, Lorena Vázquez Cruz,, Andrea Mosquera Guerrero, María Pereira Gómez, Marta Regojo Díaz-Obregón, María Concepción Garrido Rodríguez, Manuel Rial Costa, Ángeles Fernández Agulla, Mae Pérez Álvarez, Miguel Teixeira Lamosa e Tamara Goberna García.