"Quixen que a historia comezara no presente porque xustamente é a maneira na que quería enfocar esa Memoria do que pasou e que segue a afectar a unhas persoas no momento no que se conta a súa historia", asegura Manuel Rivas sobre 'O lapis do carpinteiro', que chega aos 100.000 exemplares nunha nova edición de Xerais
