A boxeadora Vanessa Ares –campioa galega en tres ocasións, campioa ibérica e subcampioa do Estado español– trae á súa terra natal unha nova edición do mellor kickboxing da zona. Un total de dez combates divididos en categorías júnior, sénior e máster class disputaranse este sábado a partir das 19 horas no concello de Foz.