En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

O Concello de Folgoso do Courel recupera o inmoble e os terreos da residencia despois de que “a Deputación incumprira o compromiso asinado”, denuncia o PP

Segundo apuntan desde o PP, o prazo máximo legal para a construción e entrega das obras do centro de atención a maiores expirou o pasado mes de xullo sen que a Deputación de Lugo iniciara o procedemento para a súa contratación, “a pesar de que o Concello cumprira coas súas obrigas no tempo máis breve posible”.





Tras formalizarse a reversión do inmoble que acollía o antigo colexio e a súa parcela, “eses terreos volven ser propiedade municipal, xa que o goberno provincial non cumpriu no prazo establecido coa finalidade do convenio de colaboración asinado no 2018, que era a construción e entrega das obras”. “Coa recuperación dos terreos, o Concello ten a oportunidade de dar novos pasos para poñer en valor o inmoble e ofrecer servizos aos veciños e veciñas de Folgoso do Courel”, engade o popular.





Despois de varias reivindicacións do Grupo Provincial Popular para a construción da residencia de Folgoso do Courel, a última foi no Pleno da Deputación de xaneiro deste 2026 á vista de que “a uns meses de rematar o prazo legal para construír e entregar a residencia, aínda non iniciaran os trámites”.





Ameijide censura tamén “o sectarismo” de PSOE e BNG toda vez que cre que “o goberno provincial toma as súas decisións mirando unicamente a cor política que goberna en cada municipio sen ter en conta as necesidades reais dos veciños e veciñas da provincia” de forma que “diferencian entre lucenses de primeira e lucenses de segunda”.






Cronoloxía do procedemento







  • Ano 2015: inicio das conversas para a creación do convenio interadministrativo entre o Concello de Folgoso do Courel e a Deputación de Lugo.






  • Ano 2018: sinatura do convenio interadministrativo, que posteriormente tivo que prorrogarse en dúas ocasións. O convenio contempla que o investimento necesario era de 1.400.000€, dos cales a Deputación aportará 1.200.000€ e se encargará, entre outros cometidos, de licitar, adxudicar e xestionar os contratos de obra e servizos precisos, correspondendo ao Concello de Folgoso do Courel achegar 200.000€ e, entre outros, aportar os terreos necesarios para a construción da residencia e o centro de día






  • 11 de decembro de 2019: solicitude de prórroga do convenio xa que remataba a finais dese ano, Asinouse a prórroga da addenda ao convenio entre a Deputación de Lugo e o Concello de Folgoso do Courel para a execución dos fins comúns consistentes na construción de residencia e centro de día da terceira idade, aprobada anteriormente na xunta de goberno do 23 de xaneiro do 2018 e rectificada na xunta de goberno provincial do 23 de xaneiro do 2020, ampliando ata o 31 de decembro do 2021.






  • 18 de xuño de 2020: a alcaldesa de Folgoso do Courel mantivo unha reunión co presidente da Deputación para tratar, entre outros temas, a construción da residencia, manifestando José Tomé “o seu total compromiso, tal e como se constata na addenda ao convenio de seguir adiante coa tramitación para sacar a construción da residencia adiante”.






  • Finais de 2021: sinatura da segunda addenda de prórroga, tendo como data límite para a construción da residencia o mes de xullo de 2026.






  • 13 de xaneiro de 2022: o Concello de Folgoso do Courel concede a licenza municipal para a construción da residencia e centro de atención a maiores.


O artigo O Concello de Folgoso do Courel recupera o inmoble e os terreos da residencia despois de que “a Deputación incumprira o compromiso asinado”, denuncia o PP publicouse primeiro en Xornal de Lemos.