Nesta ocasión, temos con nós a Rodri Parafita, máximo goleador actual da Terceira RFEF.
O lateral esquerdo reconvertido a dianteiro do Silva SD falounos dos seus comezos no fútbol, os seus anos na canteira do Deportivo e as seguinte tempadas no fútbol que máis nos gusta.
Ademais, o crack de Cerceda falounos na súa experiencia no fútbol universitario estadounidense, onde gañou dous campionatos nacionais. MVP!!!
Cabo, Bieito, Eros e Mou–coa axuda de Dari– repasan unha xornada no fútbol que máis nos gusta con remontadas, victorias e sobre todo moitas risas.
Non esquezades deixar un comentario, subscrivídevos e seguídenos en todas as redes sociais, onde damos samba diaria! @NVFGalicia
Unha aperta futboleira