En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Morre unha muller ao incendiarse a súa casa en Palavea

Palavea

Unha muller faleceu este luns tras incendiarse a vivenda na que residía en Palavea, na Coruña, na Urbanización Santa Cristina.


Segundo informou o 112, o servizo recibiu o aviso ao redor das 14.00 horas por parte dun particular, que informaba de que da casa da súa veciña saía fume pola xanela e a porta. Sinalaba ademais que a muller presentaba mobilidade reducida.


O 112 deu aviso aos Bombeiros da Coruña, ao 061, á Policía Nacional e Local e a Protección Civil.


Cando os servizos de emerxencias conseguiron acceder ao lugar, acharon á muller xa falecida na súa habitación, onde se presupón que se iniciou o lume, aínda que a Policía investiga o sucedido.


Esta habitación, xunto ao salón, quedaron copletamente calcinadas, e o resto da casa viuse afectada o fume.


Ademais, por mor deste incendio, algúns dos veciños tiveron que confinarse nas súas casas tamén polo fume.


O artigo Morre unha muller ao incendiarse a súa casa en Palavea publicouse primeiro en Xornal da Coruña - Noticias da Coruña e área Metropolitana.