En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Miriam Louzao: "Levo tres anos recibindo burlas do PP polas iniciativas de concienciación para coidar o patrimonio da cidade"

Miriam Louzao Fernández (Teo) é a concelleira de Capital Cultural, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago de Compostela, portavoz do goberno local, segunda tenente de alcaldesa e portavoz municipal do BNG. Desde a súa entrada como responsable de Capital Cultural ideouse a taxa turística que, tras longas negociacións, tivo o visto bo da Xunta despois de que esta crease un marco legal específico para a súa aplicación. Ao mesmo tempo desenvolvéronse políticas de concienciación para evitar o maltrato ao patrimonio histórico e cultural de Santiago. Tamén se crearon iniciativas como concienciar a turistas e forasteiros para un comportamento máis cívico, o que, segundo Louzao, lle valeu "burlas" desde o PP.