Miles de persoas manifestáronse este domingo, 1 de febreiro, en Santiago de Compostela para denunciar os "continuos colapsos" da sanidade pública galega ao berro de "coa nosa saúde non se xoga". "Imos seguir, que o saiba a Xunta e Rueda", asegurou o portavoz de SOS Sanidade, Manuel Martín.