En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Luz pagada, o 2,5% da produción e 14 millóns para o Concello: así é o 'acordo eólico' entre Muras e Iberdrola

A administración local, que leva anos concedendo axudas para sufragar parte da factura eléctrica da veciñanza, asina un protocolo coa empresa ante a diminución de ingresos pola repotenciación dun parque que perderá ducias de aeroxeradores. Recibirá 125.000 euros anuais para pagar os recibos e outros 200.000 como mínimo do rendemento enerxético.