En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Goretti Sanmartin: “Hai dúas opcións, ou sigue este goberno mellorando a cidade ou volve un PP que sabemos o que foi para Santiago"

Galiciapress entrevista á alcaldesa de Santiago que acaba de ser elixida polo BNG como candidata ás eleccións locais da próxima primavera. Sanmartín saca peito en materias como vivenda, admite problemas en persoal e expón cambios en turismo. Na súa opinión, os comicios preséntase como unha oportunidade para darlle continuidade a unhas políticas sociais ou devolver a cidade ás mans do PP de Santiago apoiado por unha Xunta que, di, non para de pór paus nas rodas das medidas para mellorar a cidade, como a zona de vivenda tensionada, que estima está a piques de ser aprobada.