A Insta360 X6 está cada vez máis preto da súa presentación oficial. Antes do anuncio por parte da compañía, unha nova filtración revelou as primeiras imaxes promocionais, algunhas das súas principais características técnicas e incluso o prezo co que chegará ao mercado europeo. A información, difundida polo coñecido filtrador Roland Quandt, apunta a unha evolución continuista, pero con melloras importantes no apartado da gravación de vídeo. Un deseño máis compacto sen perder a esencia As imaxes filtradas mostran que a Insta360 X6 manterá a identidade visual da actual Insta360 X5, aínda que cun corpo máis pequeno e compacto, algo que
O artigo Filtrada a Insta360 X6: deseño máis compacto, gravación en 8K a 50 fps e un prezo que rozará os 700 euros publicouse primeiro en Mallando no Android.
