En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Falece un pescador tras caer ao mar desde unha zona rochosa no Portiño, na Coruña

Un pescador faleceu esta tarde na cidade da Coruña despois de caer ao mar desde unha zona rochosa. O accidente tivo lugar no Portiño, na parroquia de Visma, limítrofe con Arteixo. Ao redor das 16.00 horas, o 112 Galicia, que informa do sucedido, recibiu unha chamada dun particular que alertaba de que o home caera desde unha zona de rocas e xa non podía velo. O helicóptero Helimer, de Salvamento, encargouse de levar a cabo o rescate. No operativo tamén participaron Urxencias Sanitarias de Galicia, Gardacostas, Bombeiros e Policía Local da Coruña e Policía Nacional.


O artigo Falece un pescador tras caer ao mar desde unha zona rochosa no Portiño, na Coruña publicouse primeiro en Xornal da Coruña - Noticias da Coruña e área Metropolitana.