O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, denunciou ante a Garda Civil o roubo dunha cancela da aldea etnográfica de Carelle. A investigación identificou como autor a un veciño vencellado á candidatura do PP nas últimas eleccións municipais, que acabou confesando os feitos e devolvendo o feche tras admitir que “lle deu un arrebato”.