Despois de negalo durante anos a Consellaría de Sanidade parece recoller a necesidade dun Novo Modelo de Atención Primaria en Galicia, que está ao borde do colapso polas políticas da Xunta do PP de deixala sen recursos económicos, sen persoal e sen capacidade para autoxestionarse, poñéndoa ao servizo da Atención Hospitalaria.
O Partido Popular nunca creu na Atención Primaria integral, integrada, con equipos pluridisciplinares, cunha orientación integral de promoción da saúde, participativa e comunitaria. No seu momento, Alianza Popular (predecesora do actual PP) rexeitou o Decreto de Novas Estruturas de Atención Primaria do ano 1984, que viña substituír o modelo da época franquista baseado no persoal medico illado e sen recursos, conformado no rural polo corpo do Asistencia Pública Domiciliaria (APD) que atendía a funcionarios e a persoas pobres, e nas cidades por ambulatorios desvencellados da Seguridade Social con dúas horas e media de atención diaria e sen acceso a analíticas ou a probas radiográficas.
Tras a publicación da Lei Xeral de Sanidade -á que tamén se opuxo-, non lle quedou máis remedio que aceptar o novo modelo de Atención Primaria Familiar e Comunitaria. Con todo, continuou a poñerlle paus nas rodas para facelo descarrilar.
Como consecuencia dos recortes de persoal e a precariedade das condicións laborías os Centros de Saúde apenas realizan actuacións de promoción, prevención ou rehabilitación, pese a que o envellecemento da poboación incruento a necesidade de coidados de enfermaría.
Ao longo do tempo, este modelo de Atención Primara sufriu en Galicia unha gran marxinación por falta de recursos xa que apenas recibe o 13% do orzamento sanitario total (debería ser do 25% según a OMS). Foi a CCAA que menos investiu en Artención Primaria, apenas ten consultorios no rural (ten 60 centros de saúde rurais, cando Castela-León ten 3.600), non desenvolveu as Áreas de Saúde para evitar a coordinación dos recursos primarios e hospitalarios, quitoulle a capacidade de autoxestionarse suprimindo as xerencias de AP para sometela aos servizos hospitalarios, e aproveitou a crise do 2008 e a pandemia COVID para recortar 1.000 prazas de persoal sanitario no nivel.
Como consecuencia dos recortes de persoal e a precariedade das condicións laborías os Centros de Saúde apenas realizan actuacións de promoción, prevención ou rehabilitación, pese a que o envellecemento da poboación incruento a necesidade de coidados de enfermaría (temos una taxa de 5,33 enfermeiras por 1.000 habitantes moi inferior a media do Estado de 6,45 ou da Unión Europea que ten 8,12), que cerca da metade da demanda ten que ver coa saúde mental ou que o 30% das consultas sexan por problemas traumatolóxicos, apenas hai fisioterapeutas ou psicólogas/as clínicos/as nos Centros de Saúde.
Para tentar atallar o malestar social e profesional a Consellería creou diferentes comisións para negociar un cambio no modelo, que ata agora non chegaron a ningún resultado.
Agora, a Consellería anuncia un Novo Modelo para Atención Primaria co que pretende facer fronte ao espectacular incremento da mobilización social en toda Galicia, protagonizado pola Plataforma SOS Sanidade Pública, que vén convocando manifestacións, concentracións e peches nos PAC e Centros de Saúde en protesta polas barreiras de acceso aos servizos e contra o desmantelamento dos Puntos de Atención Continuada.
Aínda que falta por coñecer o contido real do mesmo parece que intenta recoller algunhas das propostas que desde hai anos vimos reclamando desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, tanto nas rúas como nos foros onde temos posibilidade de participación. As reivindicacións van dirixidas a dar capacidade de xestión á AP, a crear equipos multidisciplinares, recuperar la orientación comunitaria, etc. pero haberá de analizar o contido real cando coñezamos a letra pequena.
Pero moito nos tememos que esta proposta, sexa outra cortina de fume para ocultar que a Atención Primaria agoniza pola falta de orzamentos, de persoal en tódalas categorías, polo peche de Centros de Saúde, PAC e consultas, unhas listas de agarda de días ou semanas, abandono da promoción e prevención, ausencia participación social, sometemento da actividade do médico de familia polos servizos hospitalarios, abandono das Áreas de Saúde ou precariedade e deterioro profesional.
A situación da AP é dramática, como mostran as ducias de concentracións, manifestacións ou peches de protesta da poboación, abandonada á súa sorte en toda Galicia.
Non imos caer na trampa de centrar o debate dun Novo Modelo de Atención Primaria sen abordar as necesidades urxentes de recursos para que non se derrube definitivamente. Consideramos imprescindible que a proposta veña acompañada dun forte aumento orzamentario e de medidas urxentes para recuperar e incrementar os cadros de persoal e reabrir os centros e consultas pechados, etc., etc.
É necesario que a poboación e o persoal siga mobilizándose, aínda no verán, antes de que sexa demasiado tarde.
O artigo Desconfianza polo anuncio dun novo modelo para a Atención Primaria publicouse primeiro en Tempos Novos.
