Neste espazo, localizado na parte traseira do colexio e do instituto, o concello contaba con varias parcelas e vén de adquirir outras dúas para completar unha superficie de 4500 m2. “Traballamos na posta en marcha desta nova zona verde para que cando levemos a cabo a continuación do paseo coa Confederación, poder conectar con esta zona e ter aquí un espazo para o descanso. Os colexios tamén terán así cerca un lugar de esparexemento para organizar actividades ao aire libre”, asegura o alcalde, Manuel Lorenzo Varela.
Primeiro acondicionouse a zona limpándoa de silveiras e retirando escombros e árbores caídas. Na actualidade estanse facendo os sendeiros, replantaranse árbores e plantarase céspede para despois instalar distinto mobiliario urbano e crear zonas de merendeiros e dotacións de equipamento deportivo para gozar da zona. Para o remate instalarase unha valla perimetral e crearanse espazos de aparcamentos.
Nesta edición o módulo de xardinaría estivo tamén acondicionando o paseo fluvial do río Asma coa retirada de árbores secas e reposición de especies para manter este pulmón verde.
O artigo Chantada habilita co obradoiro de emprego unha nova área recreativa e deportiva no barrio de Marín publicouse primeiro en Xornal de Lemos.