En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Cecilia F. Santomé resulta gañadora do XLIV Premio de Novela Blanco Amor

A Deputación de Ourense e mais a Fundación que leva o nome do escritor daban a coñecer este 24 de novembro o fallo da cuadraxésima cuarta edición do Premio de Novela Longa Blanco Amor. A escritora de Vilalba Cecilia F. Santomé impúxose entre os 75 orixinais presentados ao certame con Boundaries Road SW12 8HD. A gañadora recibirá 15.000 euros en metálico e unha escultura de Acisclo Manzano.