En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Catro novas bases de BiciCoruña para os barrios da Gaiteira, San Pedro de Visma e o polígono de Agrela

20251009_BICICORUNA_SAN_PEDRO_VISMA

Vai medrando o mapa de estacións do servizo de BiciCoruña. En breve (nas vindeiras semanas) serán xa 65, cando se poñan en funcionamento as 4 novas estacións que o Concello está a instalar nas zonas da Gaiteira, San Pedro de Visma e polígono de Agrela.


Dúas delas están no barrio da Gaiteira. Unha, a carón do Fórum Metropolitano, co obxectivo de facilitar os desprazamentos de ida e volta a un dos principais equipamentos públicos que hai nesta parte da cidade. E a segunda, no cruzamento da avenida de Oza coa rolda de Outeiro, fronte á praza da Gaiteira.


Xa no referente á base de San Pedro de Visma, a estación está preto do centro cívico veciñal, despois de varias obras no mesmo.


Na zona do polígono de Agrela, incorpórase outra a carón do parque municipal de Bombeiros. Esta base sumarase ás xa existentes nas rúas Gutemberg e Severo Ochoa, polo que será a terceira que prestará servizo ao parque industrial, que tamén conta cunha base complementaria na rúa José María Rivera Corral, en Vioño.


Máis novas de BiciCoruña


BiciCoruña: 11,50 euros por alugar unha bicicleta durante un día; 16,75, tres días; e 40, un ano



Un mapa e 13 novas estacións para BiciCoruña



Reciclos, o taller social de Mobi-Liza que segue espallando a cultura da bici



A Escola da Bici segue formando ciclousuarios



 


Catro novas estacións de BiciCoruña para celebrar a apertura da Semana Europea da Mobilidade



Operativas outras 3 estacións de Bicicoruña entre o Martinete e Novo Mesoiro



Parque de Vioño, a rolda de Monte Alto e Lonzas, as tres novas estacións de BiciCoruña



O artigo Catro novas bases de BiciCoruña para os barrios da Gaiteira, San Pedro de Visma e o polígono de Agrela publicouse primeiro en Xornal da Coruña - Noticias da Coruña e área Metropolitana.