Entre novembro de 1922 e abril de 1923, Un ollo de vidro percorreu un itinerario singular: da edición ferrolá de Céltiga á súa tradución e difusión internacional. Castelao inauguraba así a súa dramaturxia cun humor capaz de cruzar fronteiras e linguas.
