A programación da sétima edición do proxecto de intercambio cultural Camiño Escena Norte, que decorrerá do 12 de setembro ao 26 de outubro e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), achegará dez espectáculos de danza, teatro e circo a outras tantas localidades de Galicia. Serán pezas para públicos de todas as idades de compañías orixinarias de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa,