Sen darse directamente como escollido, a mensaxe do laborista deixa entrever unha confianza moi grande en que liderará o próximo Goberno. E todo indica que así será, que nin sequera terá que esperar ao fechamento de nomeamentos o 16 de xullo, posto que representantes laboristas sinalaron aos medios que aínda non puideron votar, mais que o farán por Burnham, quen soamente precisa un apoio máis.