En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Bruxelas non subvencionará os hidroductos que planeaba Enagás entre Galicia e Zamora

Duro golpe á produción de hidróxeno verde no país, que no seu día se presentou como unha das claves para modernizar o tecido industrial do país. Ecoloxistas celebran que a UE haxa excluído os condutos dos seus Proxectos de Interese Común porque, aínda que ven con bos ollos o hidróxeno verde, cren que non se debe exportar. A falta de apoio europeo pon en dúbida o hidroducto, clave para algúns desenvolvementos anunciados en zonas como As Pontes.