A Festa do Salmón da Estrada converteuse no escenario da última protesta contra Altri. Unhas ducias de integrantes do colectivo Ulloa Viva repartiron durante a xornada unha folla voandeira contra a celulosa de Palas de Rei que foi seguido de berros de "Altri non" pola veciñanza asistente ao acto.