En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Aprobado o investimento para a instalación do quinto colector, máis de 5.000 na cidade

Contedor-gris de fraccion resto de Badajoz

O Concello da Coruña aprobou un investimento de máis de 424.000 euros para a instalación do quinto colector e facilitar a recollida selectiva de residuos, diferenciando entre materia orgánica, envases lixeiros, papel e cartón, vidro e fracción de resto.


“Serán 5.028 colectores con novas tapas e nova rotulación”, concretou a alcaldesa da cidade herculina, Inés Rei, na rolda de prensa convocada para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local celebrada este mércores. “Separaremos aínda máis do que separamos para reciclar máis e antes de final de ano estará operativo o colector gris”, recalcou.


A Coruña implantará este ano o quinto colector para facilitar a separación de residuos en orixe



Festivos


Ademais, a Xunta de Goberno local aprobou o calendario laboral local para 2026, que recolle como festivos propios da cidade o Martes de Entroido e o 7 de outubro, Día do Rosario. “É froito de que San Xoán foi declarado festivo autonómico”, aclarou.


O artigo Aprobado o investimento para a instalación do quinto colector, máis de 5.000 na cidade publicouse primeiro en Xornal da Coruña - Noticias da Coruña e área Metropolitana.