En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

Albores celebra este 10 de outubro o Día Mundial da Saúde Mental

Durante a concentración que terá lugar na Praza de España, realizaranse diversas accións participativas e simbólicas:






  • Mural colaborativo, aberto a toda a cidadanía, para expresar pensamentos, emocións e mensaxes arredor da saúde mental.




  • Reparto de globos como símbolo de apoio á causa.




  • Photocall para compartir e difundir o compromiso colectivo coa saúde mental.




  • Lectura de manifesto en defensa dos dereitos das persoas con problemas de saúde mental, baixo o lema “A túa Mente Importa”.





Desde a Asociación fan un chamamento á participación dos axentes políticos e institucionais da comarca, como mostra do apoio necesario para avanzar cara a unha sociedade máis consciente, xusta e comprometida coa saúde mental.


O artigo Albores celebra este 10 de outubro o Día Mundial da Saúde Mental publicouse primeiro en Xornal de Lemos.