En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

A Xunta reabrirá os campos de fútbol do complexo deportivo de Elviña a vindeira semana

A Xunta anunciou que o avance das obras nos campos de fútbol do complexo deportivo de Elviña I permitirán a súa reapertura a partir da próxima semana. O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comprobou o avance das obras nesta parte das instalacións, que agora se centran nas bancadas e na zona de vestiarios tras terminar no céspede.


Por outra banda, a Xunta colabora na mellora das instalacións deportivas de Outes, cunha achega de máis de 65.000 euros. O conselleiro de Presidencia e o alcalde, Francisco Calvo, asinaron o acordo para realizar as actuacións que suporá un custo superior a 72.500 euros.


O artigo A Xunta reabrirá os campos de fútbol do complexo deportivo de Elviña a vindeira semana publicouse primeiro en Xornal da Coruña - Noticias da Coruña e área Metropolitana.