UNIMA Internacional, ONG asociada á UNESCO, vén de facer pública a listaxe das persoas de 37 propostas de todo o mundo que obtiveron o seu Certificado de Recoñecemento pola Conservación do Patrimonio Titiriteiro. Dentro destas, atópanse os seis membros fundadores da Asociación Morreu o Demo, proxecto galego que traballa pola recuperación do monicreque tradicional do país e, en particular, do personaxe Barriga Verde.