”Pouco se pode facer ante a barbarie que se vive en moitos lugares do mundo, pero precisamente isto, poñer sobre a mesa, sen tapuxos, a realidade, é o mellor que podemos intentar”. Aí definía Vicente Raimundo, director de Cooperación Internacional Save the Children, a importancia da existencia da Rede Acampa pola Paz, no marco da presentación do VIII Encontro Internacional da Rede Acampa. Un Encontro que ante todo, pretende lanzar unha mensaxe crítica, pero tamén de esperanza, conscientes de que o coñecemento e o compromiso pode salvar vidas.
“Queremos traer a toda esta xente porque nos aportan historias e testemuñas, precisamente o que necesitamos para comprender as causas dos conflitos e para ter unha opinión crítica e fundada para poder actuar, como votar este 9 nas europeas a partidos que defendan os DDHH”, ratificaba Xosé Abad en nome de todo o grupo de voluntarios da Rede Acampa da cidade, organizadores deste evento internacional, que sitúa á cidade da Coruña durante esta fin de semana (do 7 ano 9 de xuño), como epicentro da solidariedade coa infancia de todo o planeta.
Os Xardíns de Méndez Núñez son xa un museo a ceo aberto con 8 mostras footgráficas de gran tamaño tremendamente impactantes, un ágora cunha carpa onde se tratarán temas moi controvertidos pero necesarios no marco dun programa completísimo.; pero tamén simula un campamento de refuxiados palestino, e acolle un poderoso memorial, unha instalación colaborativa con 1200 pezas de roupa coa que se rende homenaxe aos máis de 15.000 nenos e nenas asasinados en Gaza.
Precisamente Abad lembrou que ano a temática está centrada na infancia e na mocidade, pero co ollo, indiscutiblemente posto en Gaza, “onde non se entende como un goberno como o israelí, un goberno de xudeus que pasaron o que pasaron, se estean convertendo un territorio como Gaza nun campo de exterminio. Non se entende”.
Será Raimundo dende Save the Children, un dos que traia a voz da infancia palestina, de Gaza, xusto no día no que cumplen 8 meses do comezo desta nova guerra. “Habería que remontarse ao século XIX para atopar un conflito armado co mesmo número de baixas civiles que o que se vive hoxe en día no inferno no que se ten convertido Gaza. Máis de dous tercios dos mortos son mulleres e nenos, persoas que nada ten que ver co conflito armado. Vai pasar a historia como unha das maiores masacres das últimas décadas”, recalcou un Raimundo que enfatizou no feito de que “o máis dramático é que coñecemos a solución, pero as entidades non temos acceso a entrar a salvar vidas, como levamos facendo en Gaza dende os anos 50. Poderiamos estar salvando a vida de milleiros de nenos nestes momentos. Hai moi poucos precedentes deste peche á axuda humanitaria”, lamentou.
Do Brasil a Marruecos
Na presentación tamén estivo presente Celia Regina Rossi, mestra universitaria en Sao Paulo e coordinadora Acampa Brasil, que organiza o vindeiro mes de outubro o seu evento preto de Sau Paulo. Foi unha das que lanzou unha mensaxe de esperanza sinalando que en países de America Latina, Africa… hai máis vida máis alá da guerra.
Ismail El Mandoubi, mediador cultural e presidente da Asociaciación ExMenas, que ofrece atención e acompañamento a menores saídos dos centros de acollemento, enfatizou sobre a necesidade de “concienciar sobre a situación, narrando a súa realidade do tránsito dende a infancia nos países de orixe, pasando polos países europeos a como son atendidos polo sistema” neste continente. “Un pracer, dende Madrid, participar en Acampa, para romper prexuízos, aclarar bulos, e dicirlle non ao racismo, porque hai que lanzar a mensaxe de que España ten que mellorar a súa intervención nas fronteiras e non convertilas nun fin do mundo, senón convertilas en vías de esperanza para a xente que a necesita”.
De Senegal a Guinea Bissau
A viaxe mundial continuou coa fotógrafa Ana Palacios, unha das autoras das mostras fotográficas, que nos leva polos nenos escravos de Benin e Gabón. Alertada por cifras como que hai 160 millóns de nenos esclavos no mundo (1 de cada 5 na franxa subsahariana), estsivo durante 3 anos comprobando no corno de África a realidade da infancia exclavizada, focalizando na “porta de atrás, na saída que podían ter estes nenos que sofren a infancia interrompida. Coñecín en centros dende punto 0 cando aínda están en algún proceso de trata ata o camiño de saída, para que consigan atopar un espazo seguro. Proceso completo, que rexistro nesta exposición, cun libro, e un documental”, explicou.
Tamén en clave fotográfica achegámonos ata Marta Moreiras, fotógrafa de Santiago de Compostela afincada en Senegal, que leva anos traballando con nenos e nenas con discapacidade de Guinea Bissau. “Son persoas doblemente vulnerables, viven nun dos países máis pobres do mundo, cunha inestabilidade política crónica, e unha falta total de servizos básicos. Non está en guerra pero está cheo de entidades sociais de emerxencia”, explicou. Leva dende 2016 cun proxecto de educación inclusiva para loitar contra os estigmas, sensibilizando as familias e os compañeiros, para ecolarizar estes “fillos de Satán”. “É moi difícil loitar contra estas convencións sociais, culturais”.
Pero Marta lanzou outra mensaxe de esperanza: “A sorpresa que me atopei onde un país onde hai un estado tan fallido, a sociedade organízase. Mesmo funcionaria sen estado a día de hoxe, gracias a organización social, veciñal… A pesar de todo, a humanidade florece. Vualá!”, rematou mesturando o seu galego e o seu francés.
Programa
Por diante, quedan 3 días completos de charlas e eventos singulares, que podedes ver en redeacampa.org.
Máis novas
O Encontro Internacional Acampa volve converter os Xardíns no epicentro da solidariedade mundial
Edición do ano pasado
A cidadanía herculina demostrou a súa conciencia crítica na Rede Acampa
O artigo A Rede Acampa lanza, dende A Coruña, unha mensaxe crítica e de esperanza sobre a situación mundial da infancia publicouse primeiro en Xornal da Coruña - Noticias da Coruña e área Metropolitana.