En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

A muller perdida hai seis días en Carballo aparece preto da residencia onde vivía

A muller de 79 anos desaparecida desde o pasado 7 de novembro en Carballo foi atopada este xoves pola mañá nunha leira do lugar da Rega, preto da residencia de maiores da que é usuaria. O achado produciuse tras seis días de procura, mobilizando a efectivos da Garda Civil, a Policía Local de Carballo e contando coa colaboración cidadá e de asociacións veciñais.