En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

A memoria encerrada: A Prisión de Celanova (1936-1943)

O 29 de xullo de 1936 o Mosteiro de San Salvador na vila ourensá de Celanova convertíase en prisión Provisional ou Habilitada para acoller o exceso de presos que xa non tiñan cabida na Provincial; en maio de 1938 inicia unha segunda etapa, actuando ata setembro de 1943 como Prisión Central. En conxunto pasarían polo Mosteiro algo máis de 5.000 reclusos. Como Central será unha das máis importantes de España cunha cifra media mensual que supera os 1.300 internos, chegando nalgún momento puntual aos 1.700.