En pruebas. Estamos cocinando nuestro algoritmo

A Estrada declara o 2026 'Ano Cultural Virxinia Pereira' e prepara unha ampla programación

O alcalde da localidade destaca que a estradense "non foi só a dona de Castelao", senón que "asumiu unha participación activa na loita e defensa das liberdades e tamén do ideario galeguista". Ademais da organización de eventos de divulgación da súa figura, instalarase unha escultura da familia, haberá un acto de irmanamento con Rianxo e colocaranse novas lápidas na súa tumba e na do seu fillo.