Digi continúa a súa imparábel expansión no mercado español. Tras pechar o 2024 cun crecemento histórico, sumando máis de 900.000 novas usuarias, a operadora xa supera os 6 millóns de clientes móbiles e os 2 millóns de clientes de fibra. Con estas cifras, o seu obxectivo é claro: converterse na terceira operadora de banda ancha do país, desbancando a Vodafone no prazo dun ano. Nunha entrevista recente ao diario Cinco Días, o CEO de Digi, Marius Varzaru, confirmou que a compañía non subirá os prezos en 2025, mantendo a súa estratexia de ofrecer servizos de alta calidade a prezos competitivos.
O artigo 2025, o ano no que Digi estreará a súa rede móbil propia publicouse primeiro en Mallando no Android.